UN MUNDO DE SABORES


Imaxinade un mundo sen sabores: un mundo sen doces, sen lambetadas, sen encurtidos ou sen o ácido dun limón, ese sabor que sentimos todas as mañás cando espertamos… Sería un mundo insípido, sen aliciente.
DSC_0038.JPG
A intención de nenos e nenas de 1º de E.S.O. como David, Aarón, Sara, Andrea ou Paula, entre outros, é ofrecer aos nenos os diferentes sabores de tan variados doces como: filloas, torta, bica, bolachas… coa finalidade de recadar diñeiro para a súa viaxe de fin de curso.
DSC_0591.JPG
Para quen non pode tomar gluten debido á intolerancia a tal produto, é dicir, quen é celíaco, ten un pequeno apartado con magdalenas, bolachas, biscoitos, etc aptas para ese caso.
DSC_0589.JPG

Comentarios