VÍDEO A DÍA, MÉRCORES

Bos días!
Como xa é rutina, hoxe toca o terceiro vídeo da semana.
O día de hoxe foi moi axitado e entretido, estivemos vendo os avances feitos nos murais, que xa van collendo forma. Ademais, atopamos un ratiño para visitar a aula de música, onde están expostos todos os instrumentos feitos polo alumnado de secundaria. Na aula de tecnoloxía estivemos cos creadores do obradoiro de realidade virtual que amosan aos nenos unha experiencia diferente, a realidade aumentada.  

Deixámosvos aquí o vídeo de hoxe.



Comentarios

Publicar un comentario