O GUSTO E O SEU FUNCIONAMENTO

Sempre é bo saber máis dos nosos sentidos, tanto nós, coma os máis pequenos,
e nesta edición da semana cultural temos uns traballos moi interesantes, entre eles, o gusto. Este grupo  decidiu escoller outro sentido, coa xustificación de que, simplemente, lles gustan os sabores.


DSC_0025.JPG
Explican isto a nenos e nenas con distintos sabores e dende logo, amosando como os capta o noso corpo. Vendo unha maqueta dunha boca xigante (imaxe da dereita), e indicando as partes da boca e a súa función: unha forma interactiva de ampliar os coñecementos dos máis pequenos.


Esta actividade pódese atopar na clase de Xavi, o profesor de galego.
Alba, Martina, Miguel, Cristina e Brais sorpréndennos con este marabilloso traballo.

DSC_0027.JPG

Comentarios