Benvida á semana Cultural

Bos días, famila Martín Codax:

Hoxe, como xa é tradición na nosa escola, comeza a semana cultural, unha semana na que os alumnos da E.S.O trocan o seu papel cos profesores e encárganse de ensinarlles aos nenos máis pequenos temas vencellados cunha idea xeral, este ano, os sentidos. O equipo de prensa ten o labor de informar sobre todo o que aconteza ao longo destes catro días. Xa que este ano estamos a traballar os sentidos, nós seremos os vosos ollos, as vosas orellas e as vosas mans. 

Os nosos cámaras farán centos de fotografías e vídeos para que experimentedes a través da nosa voz o que sucede nesta semana. Tamén seremos os vosos oidos encoitando as diferentes opinións, tanto dos alumnos coma dos mestres e familias; disfrutaremos dos concertos e das obras de teatro e de todos os sons que brotan dos recunchos máis inesperados da Semana Cultural. Ademais tamén seremos o voso gusto e olfato experimentando os diferentes sabores e olores dos pasteis feitos polos rapaces de 1º da E.S.O. Por último, pero non o menos importante, seremos, a través da palabra escrita, quen de xerar sensacións máis aló da tinta, e debuxarvos impresións tactis de todas as manualidades que están a realizar os alumnos.
                                                                         

O equipo de redacción estará informandovos a través de nosas redes sociais, quedade connosco:


Comentarios

Publicar un comentario