A REALIDADE VIRTUAL

A realidade virtual é un entorno xerado por tecnoloxía informática que crea a sensación de estar nun mundo completamente real. Isto conséguese mediante o uso duns lentes ou casco de realidade virtual conectado a un aparello tipo smartphone ou similar. Esta tecnoloxía está orientada principalmente ao lecer, aínda que  hoxe en día os límites de uso alárganse e cada día máis vemos na nosa realidade cotiá elementos da realidade virtual e da realidade aumentada. Estase a utilizar, por exemplo, como medio de adestramento militar ou como práctica para o mundo da medicina.

Nesta ocasión a clase de tecnoloxía transportaranos a un novo mundo onde calquera pode ser un futbolista, un piloto de naves de combate e incluso un animal mitolóxico. Isto é posible grazas ao uso das gafas de realidade virtual, que mediante un xogo de lentes e imaxes proxectadas conseguen que nós vexamos o noso entorno coma se fose o entorno do ser ao que suplantamos.
O obxectivo que ten este proxecto é que os nenos e nenas se divirtan e aprendan das e coas novas tecnoloxías que nos rodean, que as comprendan mellor.
Xa que nesta #SemanaCultural estamos a traballar o mundo dos sentidos, os rapaces de 4º de E.S.O. quixeron que os nenos experimentasen a sensación de estar noutro lugar sen moverse da súa cadeira. Os sentidos tamén saben enganarnos.



Comentarios