A BASE DA NOSA VIDA

Todos nalgún momento da nosa infancia tivemos un desexo irresistible de tirarnos á auga na praia ou no río para bañarnos. A auga fascínanos a todos pero os máis cativos aínda non coñecen a maxia que agocha este elemento. Por esta razón un grupo de 1ºC composto por Pablo, Pablo, Pablo, Yago, Diego, Candela e Elisabeth explícannos, cunha linguaxe asequible e axeitada aos máis cativos, que é a auga, como  pode cambiar de aspecto, onde a atopamos e que seres viven nela.
IMG_2937.JPG
Ensinan aos nenos os tipos de auga e as súas aplicacións e logo comezan coas actividades. Para enganchar os rapaces deciden facer un truco de “maxia” e meten un vaso con auga no conxelador, un de pega, unha pequena caixa que está pintada como tal. Mentras esperan a que a auga se “conxele” na caixa máxica, fan outra actividade que consiste en que lles dan aos nenos tres fotos cos diferentes estados da auga e eles teñen que adiviñar onde se atopan: se nas nubes, no río ou nun mar conxelado. Pasados uns minutos abren a porta do conxelador e a auga do vaso está completamente xeada, isto sorprende os nenos e nenas, que quedan alucinados.
Bob Esponxa é a ferramenta segreda do grupo; axuda a que as nenas e os nenos manteñan a atención e sexan capaces de identificar máis animais grazas aos personaxes da serie.
E por este desexo de querer bañarnos todos esperamos que chegue o verán (algúns o que queremos é  non ver os profes en dous meses pero este motivo é máis ben secundario).


IMG_2936.JPG

Comentarios