3ºESO NA BUSCA DA PERSPECTIVA

Nunca quixeches estar nun lugar imaxinario? Pois este grupo de 3ºESO pensa que se pode modificar a realidade.


Guiándose por un bosquexo (imaxe da dereita) intentan enganarnos, a nós e aos nosos ollos, representando un fondo falso a través dunha ferramenta enganosa chamada perspectiva.
DSC_0010.JPG

O trampantoxo podémolo atopar na parede do fondo no anbdar inferior do cubo. É un xeito de darlle un pouco de vida a un recuncho escuro. Paula, Arsú, Lucía, Pablo, Lara, Sarai e Claudia están traballando duro e concentrados para acadar o resultado desexado.


Están a facer o traballo empregando unha serie de rotuladores de distintas cores e debuxando na parede medindo as proporcións para conseguir un resultado aproximable á realidade.

DSC_0007.JPG
Tamén podemos encontrar diferentes elementos artísticos e técnicos como o punto de fuga, as liñas fugadas, e elementos do modernismo.


Nestes momentos están a comezar, pero esperamos impacientemente o resultado, do que vos daremos cumprida conta.

Comentarios

  1. Un artículo que toca el asunto de la percepción visual de la profundidad. Muy interesante este trabajo.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario