XOGANDO COAS PEZAS DE LEGO

Todos temos na nosa memoria xoguetes como os Playmobil, os Meccano ou os Lego. Son xoguetes sen fin, danche a oportunidade de deseñar, construír, destruír e recomenzar. Esa é a súa maior virtude: a creatividade inesgotable.

A marca danesa de xoguetes foi moi innovadora na súa saída, moitas compañías intentaron copiala, pero ningunha chegou aos seus estándares de calidade e implantación social.

Os nosos alumnos de 2º C, nesta actividade, empezan explicando aos atentos rapaces o que significa a palabra “Lego”: xogar ben. Tamén lles mostran a utilidade da planificación construtiva (da planificación en xeral) para o desenvolvemento satisfactorio do xogo, e por suposto a historia e a orixe de Lego.


                                     

Para convencer os alumnos das virtudes da organización propóñenlles a construción dunha forma lingüística. O traballo cooperativo imponse, teñen que pórse de acordo para formar letras que á súa vez formen palabras que reproduzan unha imaxe, e todo iso con pezas de Lego.

                                     
Vendo os nenos e nenas xogar, podemos admirar características do traballo en grupo: entre eles colaboran, axúdanse e entretéñense colocando pezas, construíndo soños.

Comentarios