UN CHEIRO DE CULTURA

DSC_0030.JPG
Volvemos co resumo da #SemanaCulturalMC17 e esta vez trátase doutro sentido porque, como xa sabedes, levamos uns cantos traballados durante estes días. Falamos do olfacto, un traballo que podemos encontrar na aula de Xavi. Un grupo de rapaces de 4º de ESO atreveuse a amosar este tema aos nenos pequenos mediante xogos olfactivos.


A actividade consiste en facer que os nenos e nenas experimenten diferentes olores, evidentemente, e por unha cuestión de saúde física e mental, todos eles agradables. Amósanos mediante botes con cheiros de diferentes especias como albáfega, ourego, canela etc. (este sempre despois dunha pequena explicación) e de seguido pídenlles que ulan pequenas mostras para demostrarlles que cada olor presenta unha sensación diferente, un xogo moi interesante.


Pablo e Álex conseguíronnos sorprender coa iniciativa da #SemanaCulturalMC17 e coa actividade do olfacto. Din que moita xente traballa cos outros sentidos, por iso eles tamén o fan co olfacto, e a verdade é que teñen razón, porque o olfacto era o sentido que faltaba e o que fai que a nosa memoria funcione a máis longo prazo, basta pensar en como algúns olores da infancia quedan impresos na nosa memoria, na nosa biografía íntima.

Comentarios