OBRADOIRO DE MÚSICA

A música é un método de expresión que utiliza o ser humano para expoñer as súas ideas ou sentimentos, utilizando diferentes instrumentos para levar a cabo unha melodía a base de notas ou silencios nun pentagrama. Hoxe en día existen moitos tipos de instrumentos feitos con diferentes obxectos que atopamos no entorno da nosa vida cotiá, que pensamos que serven soamente para o que nos din, mais poden ser outra cousa completamente diferente, como por exemplo: cunha pá podemos facer unha guitarra que soa igual ca unha das que toca o teu artista favorito. 

Este ano na aula de Vanessa os rapaces de 3º e 4º de E.S.O. organizaron un obradoiro en que os nenos e nenas pequenos deben facer uso da súa creatividade para romper as barreiras que a normalidade impón sobre os obxectos que nos rodean, e dese xeito facer instrumentos con materiais do día a día, como tubos de PVC, guantes de látex, caixas de lata, botellas de vidro, e moito máis. A imaxinación dos nenos e nenas non ten límite. 


DSC_0001.JPG

Comentarios