MÚSICA ELECTRÓNICA

Quen pode imaxinar unha vida sen son? Non distinguiríamos o timbre de voz que ten cada persoa, os sons da natureza, ou os dunha cidade, o barullo alegre ao xogar, o canto duns paxaros nunha mañá de primavera, ou o suspiro namorado da parella.
As persoas que compoñen este grupo, Nico, Ramón, Sara, Lucía e Antía inspíranse en DJ’s como Skrillex, Marshmello, DJ Snake, Tiësto e outros artistas.

A música electrónica é o tipo de música no cal os instrumentos tradicionais, é dicir, o piano, a guitarra, o vento, a percusión, etc. desaparecen e no seu lugar o que temos é un só ordenador (ou varios). Esta música non depende de como se toque, senón de que algoritmo se empregue.


Os integrantes do grupo tentan mostrar aos nenos máis pequenos este “novo” (ou xa non tan novo) tipo de música afastada do gran público.
DSCF1091.JPG
A actividade desenvólvese do seguinte xeito: primeiro comezan con unha breve introdución sobre que é a música electrónica; despois da intro, Nico, un integrante do grupo que ademáis ten xa experiencia neste mundo, failles unha mostra do que sería o traballo dun compositor de música electrónica. Por último, fan un xogo onde teñen que relacionar imaxes cos sons que están a soar.
DSCF1103.JPG
Aos nenos e nenas resúltalles moi curioso e raro escoitar sons novos e ao non saberen de que se trata abráianse.


Recordade: “The show must go on”.



Comentarios