ENTRE FÓRMULAS E MÁQUINAS

Cando eramos cativos algunha vez soñamos con inventar algún obxecto, unha fórmula… Medramos coas historias de grandes inventores e científicos (Einstein, Marie Curie, Thomas Edison...) e aínda que moitos non conseguiremos ese obxectivo, todos temos ese espíritu creativo que virá connosco para sempre.
IMG_2958.JPG

Pero...ti coñeces aos máis grandes? E que é o que inventaron? Brais, Ángel, Ángel, Luis, Lucía, Sara e Paula son uns expertos sobre o tema. No seu obradoiro cóntanos a vida e logros de grandes inventores como Johannes Guttemberg (a imprenta) , Alexander Graham Bell (o teléfono) ou  Leonardo Da Vinci (o paracaídas entre moitas cousas que inventou). E tras unha breve e clara explicación, chegou o momento de xogar!
Xogan ao  aforcado con nomes de inventores e dos seus inventos máis famosos. Se os nenos acertan no número de intentos permitidos salvarán as súas vidas, se non…seguen gañando igual,porque o importante é aprender na Semana Cultural.

IMG_2955.JPG

Comentarios