DESCANSA DOS VIDEOXOGOS

Cando nos aburrimos, buscamos calquera forma de divertirnos; xogar a un videoxogo, ler un libro, debuxar,etc. Ultimamente a máis común adoita ser a dos videoxogos, por iso este grupo composto por Juan, Sagar, Noel, María e Elba de 2º de E.S.O ensinarannos como facer os encrucillados como alternativa para divertirnos.


IMG_2953.JPG

Teñen preparados diferentes contidos en función do curso, para 1º e 2º empezan cunha charla sobre o león e máis o lobo e ao rematar de falar sobre estes fan un encrucillado con palabras relacionadas con estes dous animais. Para os de 3º e 4º teñen unha charla sobre deportes e un encrucillado un pouco máis difícil con palabras relacionadas co mundo do deporte. Por último, para os de 5º e 6º, falan sobre Rosalía de Castro e Leonardo da Vinci e fan un encrucillado aínda máis difícil con vocabulario sobre ambos (libros, cadros ou datos da súa vida).

Agora os nenos e as nenas xa poden facer algo máis que quedar diante da pantalla do ordenador, xa que facer un encrucillado ao día xa axuda a descansar a vista un anaco e enche a nosa mente de novas palabras.



Comentarios