A QUEN NON LLE GUSTAN OS HOLOGRAMAS?

Os hologramas son imaxes tridimensionais obtidas mediante a interferencia xerada por un feixe de luz, que é capaz de proxectar imaxes no aire, coma se realmente o obxecto holografado estivese alí, coa fin de expresar profundidade.

Pensa na holografía, nas aplicacións que pode ter na vida cotiá, xa sexa dende unha simple “persochamada” (en 3D), ata aplicacións no mundo dos videoxogos, de xeito que nós mesmos poderíamos participar holográficamente da aventura.

Na nosa opinión, gustaríanos que a holografía se desenvolvese rapidamente, xa que así poderíamos estar case presentes “en dous sitios ao tempo” mediante esta tecnoloxía.

Falemos agora das posibilidades didácticas desta tecnoloxía, xa que revolucionaría o mundo do ensino dun xeito radical:

Imaxínate por un minuto que nas clases de Bioloxía tedes que diseccionar unha ra e poder facelo sen sangue, podendo amplialo cando queiras etc.
Ao estupendo grupo de Patrik, Aaron, Yago de 4º de ESO, ocorréuselles esta pregunta.

Nesta exposición os nosos alumnos nos mostran diferentes hologramas mediante unha tablet e un cono holográfico creando así un efecto tridimensional.

A este grupo pareceulle moi interesante a idea de poder proxectar unha imaxe no aire dunha maneira bastante sinxela.

                                   










Comentarios