A clase de 1º B dividiuse en tres pequenos grupos e fixeron tres estupendos traballos. O primeiro
dos traballos foi un parchís humano, o segundo foi unha exposición sobre os dinosaurios e o terceiro traballo foi sobre a lúa, as súas fases, os planetas e as partes do traxe dun astronauta.
A representación do grupo de 1º B consiste como xa dixen antes nun parchís humano, onde as nenas e os nenos teñen que tirar un dado xigante e sacar un número aleatorio para poder avanzar polos aros ata chegar ao centro, onde se atopa unha colchoneta, que fai de meta.
Máis tarde, ao final da obra, preguntámoslles aos organizadores desta actividade como é que se lles ocorreu a idea de facer esta “obriña”, e contestáronnos que o fixeran porque querían facer unha obra que, ao mesmo tempo, divertise os nenos e nenas e lles fixese desfrutar con xogos clásicos, afastados da, cada día máis tiránica, tecnoloxía.
Os integrantes deste grupo son: Manuela, Miguel, Sara, Álvaro, Diego, Ana, Lucía e Pablo.
Comentarios
Publicar un comentario