PROXECTO DEFICIENCIAS VISUAIS

Algunha vez preguntástesvos como sería ter deficiencias na vosa visión? Oue é ver con dificultades ou directamente non ver nada?
A profesora Sesé realizou un gran traballo modificando unhas gafas de mergullo que simulan diferentes tipos de problemas visuais para que o alumnado saiba como se senten  as persoas que realmente teñen eses problemas.
IMG_2891.JPG
A actividade interactiva consiste en que o alumnado se poña por parellas e que un faga de lazarillo mentres que o outro fai de deficiente visual e tenta camiñar coas gafas modificadas.
Algúns dos problemas de vista que se  poden experimentar son: visión cortada en diagonal, visión moi reducida e visión monocular.  
A  actividade final consiste na vivencia da cegueira total. Cos ollos totalmente tapados realizan un percorrido coa axuda dun compañeiro, e deste xeito póñense por uns momentos na pel dun invidente.
Interesantísimo… e non tan doado como pode semellar!
IMG_2889.JPG
Foi unha experiencia unica e é moi complexo o movemento coas gafas postas xa que se tropeza con todo e é sinxelísimo caer, un verdadeiro reto que pon a funcionar todos os sentidos.
Temos a certeza de que os nenos e nenas sentirán máis empatía polas persoas con problemas de visión.

   

Comentarios