Cando eramos máis pequenas, todas nos preguntabamos: “Que haberá máis lonxe da nosa cidade? Como vivirá a xente doutras cidades? Serán moi diferentes a nós?". Por iso Alex, David, Pablo V., Alba, Zoe, Lucía e Ángela P., lles explicarán ás nenas e nenos as peculiaridades culturais e as características doutras partes do mundo.
Para os máis pequenos prepararon unha “pantalla” feita a partir de mesas apiladas, tras a cal sentaron nenos e nenas, moito máis cómodas, xa que están acostumadas a obter a información así dos aparellos tecnolóxicos. No centro destas hai un globo terráqueo que se usa para sinalar a situación das cidades ou países dos que se fala. Para os maiores prepararon unha parte máis interactiva cunha presentación, e xogos e preguntas sobre o contido da presentación previa.
Esta actividade, ademáis, ensina aos nenos e nenas que non estamos sós no mundo, que debemos coidalo. Se agora non o coidamos, o día de mañá outros sufrirán as consecuencias.
Comentarios
Publicar un comentario