MURAL DAS LETRAS GALEGAS

Este ano o muro adicado ás letras galegas fala de Carlos Casares Mouriño, escritor ourensán que se converteu nun dos máis insignes das nosas letras, sendo ademais crítico literario e tamén político.
Estudou Filoloxía Románica en Santiago de Compostela e foi director da editorial Galaxia e da revista Grial. Un referente da nosa cultura.
Nos anos sesenta publicou o libro de relatos ”Vento ferido“, obra que forma parte do Parnaso das letras galegas.
É de destacar, tamén, o seu traballo como columnista, principalmente en La Voz de Galicia entre 1992 e 1998.
A noite entre o 8 e o 9 de marzo do 2002, estando na súa casa da parroquia da Ramallosa, concello de Nigrán, sufriu unha crise cardíaca. Foi trasladado ao servizo de urxencias do hospital Xeral de Vigo e de aí ao hospital do Meixoeiro, onde faleceu.
Día negro para as nosas letras.






DSC_0011.JPG


Comentarios