GORGONAS, BASILISCOS E NÓS

Se che falo de Medusa, de Minotauro, de Quiron, do centauro, de grifos ou basiliscos, o teu cerebro viaxará irremediablemente cara atrás, cara a un mundo onde a mitoloxía era parte da realidade.


Calquera de nós sabe que estes seres non son reais, polo menos non son reais máis alá do mundo da literatura e a imaxinación, pero existir, existen.
Os animais mitolóxicos  son uns seres que aparecen nas diferentes culturas e que a súa existencia non está demostrada.


Adoitan  ser animais fabulosos, híbridos entre humanos e outras criaturas (centauros ou esfinxes) ou criaturas diferentes entre si (Pegasos e Quimeras) que son simplemente simbólicos.


IMG_2922.JPG
A  Elsa, Guille, Silvana, Mara, Pilar, Iago e Alberto pareceulles  unha  idea moi interesante para amosárllela aos nenos de infantil: quen máis fantasioso ca eles?
Un ten cabeza de touro e corpo de home, outro é unha ave envolta en lume e de plumaxe vermella, aínda que o preferido é o de corpo de cabalo de pel branca, patas de antílope, barba de chivo e rabo leonino. Sabes quen é quen?  
A través de contos e imaxes os máis cativos descubrirano.
Resolvendo o labirinto do Minotauro, debuxando o seu animal mitolóxico favorito ou lanzando a pelotiña á caixa axeitada en función do ser mitolóxico que se corresponda coa pregunta.

Comentarios