BANDAS DESEÑADAS DE MÁIS ALÁ DAS ESTRELAS

Que vos gusta máis cando falamos de literatura, os libros ou as bandas deseñadas? No caso de que sexan as bandas deseñadas, invitámosvos a ver esta actividade. No caso contrario, visitádea igualmente: sorprenderavos.
DSCF1071.JPG

Esta divertida actividade está dirixida por parte do alumnado de 2ºA: explícannos como se compoñen as viñetas e como se estruturan para chegar a banda deseñada. Por exemplo, fálannos dos bocadillos e as súas funcións (diálogos explícitos, soños, exabruptos,etc.). Despois  dun pouco de ensinanza teórica, os nenos e nenas teñen que debuxar ou escribir nos bocadillos dunhas viñetas, e podemos ver como se emocionan e interesan ao debuxar estas viñetas. Realmente é unha actividade moi divertida.
DSCF1058.JPG

Ademais temos algunhas imaxes en que vemos nenos e nenas debuxar o que lles gusta, como criaturas, ovnis ou actividades da vida cotiá. Para rematar fanlles un xogo da ruleta con preguntas relacionadas coas bandas deseñadas.

Este obradoiro está organizado por Ángela, Teresa, Lucas, Jose, Pablo e Héctor.

Comentarios