Os seres humanos vivimos en sociedades complexas. Estas sociedades funcionan porque existe toda unha serie de normas, que todos respectamos, e que codifican e poñen límite aos nosos comportamentos (as leis, o código civil, o código penal, a gramática, e un longo, longuísimo etcétera). Un código, e non menor, é o que regula o noso xeito de conducirnos pola vida, ou mellor dito, polas vías: o código de circulación, regulado polos sinais de tráfico.
Por iso as nenas e nenos de 2ºB de E.S.O creron que sería unha moi boa idea introducir xa a rapazada de primaria nunha das normas máis importantes da nosa sociedade actual. Céntranse nos sinais que se atopan nas rúas (como é obvio debido a que primeiro son peóns e non condutores) explicandoos, onde se atopan, e a sua función. Ademais os alumnado fixo un gran traballo de investigación sobre os menos frecuentes.
Dependendo das idades do alumnado, adaptan o contido do seu traballo realizando diferentes actividades para que se faga máis dinámico e divertido. Unha das actividades a realizar para os máis pequenos é a creación dos propios sinais de tráfico (prohibido monstros, advertencia de crocodilos, árbores que caen, etc. son algúns sinais que se inventan nos obradoiros).
Comentarios
Publicar un comentario