A MENSAXE DE DISNEY

O fabuloso grupo de 2ºC agasállanos cunha representación inesquecible do Formigueiro cun invitado especial de primeira orde: o xenio da animación infantil Walt Disney.
Despois da representación perante nenos de 1º, 2º e 3º de primaria, este grupo, formado por Víctor, Tomás, Lía, Paula y Catalina, propuxo uns divertidos e entretidos xogos que consistían en adiviñas a partir de imaxes de fotogramas de películas de Disney.


Ademais cos rapaces e rapazas de 5º,6º e 1º de ESO a actividade modifícase e colle algo máis de profundidade. Agora trátase de descubrir nos filmes  mensaxes agochadas, subliminais; mensaxes que teñen que ver, por exemplo, con aspectos sexistas.

Ao rematar de visualizar a exposición, falamos cos seus responsables e preguntámoslles que os empurrou a facela. A súa resposta foi que o obxectivo era interactuar cos nenos e nenas e, ao tempo, que aprendan os valores ocultos que transmiten as películas, de maneira que aprendamos a ter unha visión máis crítica coa realidade que nos rodea.

Comentarios