O LÍDER DOS PASTORES

Xavi, o profesor de Galego de 3º e 4º da E.S.O., fíxonos un oco na súa moi apertada axenda para facerlle unha entrevista sobre o seu labor na semana cultural: a organización dos denominados pastores, que se adican a levar os nenos ás diferentes actividades, cumprindo os horarios e asegurándose de que non se perdan. Para ter un control absoluto, ou case, da situación, Xavi determinou que o mellor seria ter entre dous ou tres pastores por clase, e deste xeito poder coidar dos alumnos da mellor das maneiras.

IMG_2961.JPG
Segundo o que nos dixo, el non escolleu a actividade, se non que lle foi asignada (aínda que lle gusta) dende hai anos.  No que vai de semana cultural non tivo ningún problema cos pastores, todo vai sobre rodas,  de feito non lle importaría repetir a posición como líder dos pastores o ano que ven (a pasa outro ano e chega tamén…), pero como nos dixo: “Eu farei o que me toque”.


IMG_2962.JPG
Os horarios que deben seguir os pastores son entregados a primeira hora. Cítanse diante do campo de fútbol, Xavi e mais os 32 pastores. Os horarios indícanlles aos pastores que cursos deben levar e que tempos deben cumprir para que todo funcione como un reloxo suízo.
Na entrevista, o noso profesor amosouse moi simpático, tal e como el adoita ser.  

Comentarios