DESPEDIDA E PECHE

Despois dunha longa, e curta, semana cultural con moitísimo traballo, chega o momento de despedirse ata o próximo ano. Dende o gabinete de prensa queremos agradecervos toda a participación e todo o apoio prestado nesta semana cultural.

Os sentidos, o tema que serve de fío condutor para esta #SemanaCulturalMC2017, sempre están aí, pero non sempre nos decatamos deles. Adicarlle uns días a reflexionar sobre como recibimos os estímulos a través dos sentidos, como estes poden traizoar a nosa mente consciente e como nós reaccionamos ante eles, vainos enriquecer, sen ningunha dúbida. Descubrimentos como o da propiocepción ou a capacidade de engano dos nosos ollos fannos crecer, crecer ben.

Traballouse o devandito tema dende ópticas diversas, a ciencia dos sentidos, os sentidos incrementados pola tecnoloxía, a función sensorial na arte, etc.

Durante esta #SemanaCulturalMC2017 os diferentes grupos dependentes do Departamento de Ciencias intentáronnos amosar a importancia da ciencia e a tecnoloxía en relación coa nosa capacidade sensorial con explicacións sobre a realidade virtual e aumentada, un futuro de filme que xa está entre nós, a tecnoloxía dos hologramas e moito máis. A ciencia ao servizo da mellora das condicións de vida dos seres humanos.

Nesta semana no colexio hai moitísimas actividades relacionadas coa arte. Se falamos de música temos que salientar un apartado de música electrónica, espectacular, e tamén un taller para que os nenos poidan facer os seus propios instrumentos, isto é aprender de verdade.


En canto as artes plásticas temos tres murais “work in progress”. O máis importante é o adicado ao escritor que este ano se homenaxea no día das Letras Galegas. Nel fálase sobre a vida de Carlos Casares, polo tanto. Espectacular é fermoso. Tamén o mural de texturas é unha idea fantástica, ensina aos nenos pequenos as diferentes texturas que atopamos no dia a dia, uns verdadeiros artistas, como artistas son os pintores que están a realizar un mural a modo de “trampantoxo” na planta baixa do Cubo, baixo a batuta de Xacobe, un dos nosos profes-artista de E.P.

O equipo de prensa está moi canso despois dunha semana longa e chea de actividade e novidades, e curta, cando un traballa sen descanso o tempo voa. Tentamos dar o mellor de nós para teros ben informados e ao día sobre esta magnífica semana cultural que foi, ao noso entender, espectacular.

Todos estamos moi cansos despois de esta semana, falo por nome de todos os que fixeron isto posible: pastores, vendedores de pasteis, actores, pintores, músicos, científicos, “mestres de secundaria”... e por suposto o equipo de prensa :-)

Queremos daros as grazas a todos os que co voso apoio e alento nos facedes a tarefa máis gratificante.

Unha forta perta.

Martín Códax.

O equipo de redacción formado: Natalia del R., Aroa F., Pablo A., Iago R., Pablo V., Jorge Q., Diego C., David F., Uxia G., Sergio C., Eric F., Blas C., Adrián I., David S., Ibai R., Álex M., Cristian C. e Álex P.
IMG_2938.JPG

Comentarios