DEPORTES MENOS COÑECIDOS

O deporte non é só unha actividade física, para moitos é un estilo de vida, unha forma de expresarse, para moitos o deporte é un arte.


DSC_0025.JPG
Hai moitísimos deportes coñecidos polo gran público como son o fútbol, o baloncesto, o hockey, o golf e un longo etcétera. Estes deportes non están aí dende sempre, nalgún momento foron deportes pouco coñecidos e novos. Foi a sociedade quen fixo de eles o que son hoxe.


DSC_0016.JPG
O obxectivo que buscan Fran, Hugo e Luís, os membros deste grupo, é ensinar aos nenos os deportes máis curiosos e novedosos do mundo, concretamente céntranse en catro especialidades: o Slackline, o  Fierljeppen, o Rugby Subacuático, o Lacrosse, e o Skeleton.


DSC_0022.JPG
O Slackline é un deporte que consiste en manter o equilibrio sobre unha fita que se engancha entre dous puntos fixos, normalmente árbores, e ténsase.


O Fierljeppen consiste en atravesar unha superficie de auga cunha vara larga a modo de pértiga. A vara mide entre 8 y 13 metros de largo cunha base plana para evitar que se afunda no leito del estanque.


DSC_0015.JPG
O Rugby Subacuático é un deporte de nova creación e as súas orixes atópanse nas actividades dun grupo de buzos alemáns que ao realizar os seus exercicios de adestramento físico pensaron que podía ser boa idea xogar ao rugby debaixo do auga, debido a que o esforzo que se ten que facer é maior e o risco de lesións é moito menor.


O Lacrosse é un deporte moi dinámico entre dous equipos de dez xogadores cada un. Os participantes usan un pau cunha rede na parte superior (denominados "paus", ou sticks en inglés) para pasar e recibir unha pelota de goma co obxectivo de meter goles tirando a pelota na portería do equipo contrario.
Finalmente o Skeleton é un deporte olímpico de inverno que xunto ao bobsleigh e o luge representan distintas modalidades de descenso por unha pista de xeo de certa lonxitude.

O primeiro paso de este proceso de ensinanza é unha breve explicación de que é cada deporte, despois fan un xogo para relacionar imaxes co nome do deporte que explicaran na devandita presentación, para, a continuación, saír cara ao exterior do cubo e facer unha actividade relacionada co Lacrosse a actividade consiste en meter gol co palo de Lacrosse na porteria.              

Comentarios